Obradoiros
A nosa oferta de obradoiros componse de actividades dirixidas a público en idade escolar e adulto.
Obradoiro de nós e redes. Destinado a participantes entre 8 e 14 anos. Os obxectivos do obradoiro son coñecer os nós máis importantes empregados na navegación e nos traballos de pesca, así como os principais tipos de redes e aparellos.
Obradoiro de pesca responsable. Destinado a participantes entre 6 e 14 anos. Os obxectivos do obradoiro son a sensibilización das persoas participantes en relación coas boas prácticas para desenvolver unha pesca sustentable.
Obradoiro de Cociña mariñeira Pindo con sabor a mar. Destinado ao público adulto. Os obxectivos do obradoiro son a recuperación e divulgación da cociña tradicional mariñeira.
Obradoiro de Consumo de peixe e marisco. Destinado a participantes entre 6 e 14 anos. Os obxectivos do obradoiro son desenvolver actitudes positivas cara ao consumo de peixe e marisco, e fomentar o consumo responsable e sostible dos produtos do mar.
Obradoiro de Construción de maquetas de embarcacións tradicionais. Destinado a rapaces e rapazas de 5 a 12 anos. Os obxectivos do obradoiro son coñecer os distintos tipos de embarcacións tradicionais utilizadas na zona do Pindo, así como os seus usos e tipos de capturas, investigando o potencial escultural dos materiais correntes.
Obradoiro de teatro mariñeiro. Destinado a rapaces e rapazas a partir de 4 anos. Os obxectivos do obradoiro son iniciarse nas técnicas dramáticas, de creación de personaxes, na expresión corporal e na realización de espectáculos, a través dun fío conductor que será o medio mariño en toda a súa extensión: o medio físico, as especies, os oficios, o consumo de produtos do mar, etc...
Obradoiro de sensibilización ambiental a través do teatro. O obradoiro consta de dúas partes consecutivas: unha actividade de sensibilización de consumo de algas, de 1 hora de duración, previa á representación teagral. Contidos: diferentes algas que se comercializan en Galicia, cómo se preparan, os seus usos e aplicacións na cosmética, na alimentación, na ciencia, etc. Observación e debate sobre as texturas, os olores, as cores, os medos ao consumo de cousas descoñecidas por nós, etc. A segunda parte consistirá na representación da obra teatral de títeres Maruxía.
Obradoiro de Elaboración de cestería tradicional mariñeira. Destinado a rapaces e rapazas de 8 a 14 anos. O obxectivo do obradoiro é dar a coñecer os distintos tipos de cestos que se empregaban para pór o peixe e outros aparellos tradicionais utilizados na zona.




