Dando a coñecer o noso mar

Roteiros interpretativos

Roteiro de Caldebarcos. Visita ás antigas instalacións ligadas á actividade pesqueira e marisqueira e ás súas casetas recentemente restauradas, así como ao entorno natural da Berberecheira, onde se desenvolven actividades de marisqueo a pé.

Roteiro do Fornelo. Partindo do Muelle do Sinal, visítase unha parte pouco coñecida do pobo: a praia do Fornelo,coa antiga fábrica de salazón e as súas furnas,  a farola, con impresionantes vistas panorámicas da zona.

Roteiro do Porto de Quilmas. Visita ao porto natural e peirao de Quilmas, así como ás casetas de pescadores e antigas fábricas de salga.

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org