Dando a coñecer o noso mar

Roteiro de Caldebarcos

Obxectivo: Coñecer o entorno natural e socioeconómico da Praia de Caldebarcos e a Berberecheira.

Contidos:

  • Sistema dunar da praia de Caldebarcos. Flora e fauna característica.
  • As antigas instalacións ligadas á actividade pesqueira e marisqueira:
    • Almacén de salazón
    • Casetas de pescadores de Caldebarcos
  • A actividade marisqueira na Berberecheira: características do marisqueo na
    zona, especies, sistemas de recolección, artes de marisqueo.

Descrición do roteiro:
O roteiro comeza en Punta Caldebarcos, ao pé dun panel interpretativo onde a persoa encargada de guiar aos participantes dará unha visión xeral do percorrido, obxectivos e contidos da visita.
A primeira parada realizaráse no almacén de salazón e casetas de pescadores de Punta Caldebarcos, que se espera estean restauradas nun futuro próximo, segundo
as previsións da Consellería de Vivenda e Solo. Neste punto, farase referencia á utilidade destas instalacións e á súa importancia no desenvolvemento da actividade
pesqueira da zona.
A continuación seguirase o percorrido cara á praia de Caldebarcos, pasando pola Fonte, onde se pode ver a inscrición que fai referencia á desaparecida Cofradía de Pescadores de Caldebarcos. De seguido, o roteiro continúa pola pasarela de madeira da praia de Caldebarcos. Nesta parte, os participantes poderán coñecer as principais características do sistema dunar da praia: como se formou, fauna e flora propias da zona, fraxilidade e conservación do sistema. O percorrido segue ata a Berberecheira, onde os visitantes poderán asistir á extracción do berberecho e ameixa in situ, por parte das mariscadoras da Confraría de Pescadores de O Pindo. As profesionais amosarán aos visitantes as técnicas de marisqueo, así como as características principais do seu traballo.
Por último, realizarase o percorrido inverso pola praia de Caldebarcos, a fin de finalizar a visita no punto de inicio.

Nivel de dificultade: Baixo.

Tempo estimado: 150 minutos.

Limitacións e especificacións: a visita realizarase preferiblemente con marea baixa, a fin de poder observar a actividade extractiva na Berberecheira. As persoas participantes serán dotadas de botas de goma a fin de poder acceder á praia da Berberecheira. O roteiro non está adaptado a persoas con mobilidade reducida.

Número máximo de persoas por grupo: 25.

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org