Dando a coñecer o noso mar

Roteiro do porto de Quilmas

Obxectivo: Coñecer o entorno natural e socioeconómico do Porto de Quilmas. Coñecer as actividades de pesca e transformación de produtos do mar ligada a este porto.

Contidos:

  • Porto natural e peirao
  • As antigas instalacións ligadas á actividade pesqueira e marisqueira:
    • As casetas de mariñeiros
    • A fábrica de salazón
  • A boleira e a praia de Corna Becerra. Formación de boleiras.
  • Os secadeiros de argazo

Descrición do roteiro:
O roteiro comeza en Quilmas, ao pé dun panel interpretativo onde a persoa encargada de guiar aos participantes dará unha visión xeral do percorrido, obxectivos e contidos da visita.
En primeiro lugar percorrerase a pé o camiño até as inmediacións da praia de Salomba, desde onde nos dirixiremos cara á praia e boleira de Corna Becerra.
Nese punto poderemos coñecer o antigo sistema de secado do argazo que tiña lugar na zona.
A continuación o roteiro segue cara o norte ata a antiga fábrica de salazón, onde se darán a coñecer os procesos de transformación do peixe que alí tiñan lugar. Despois, o percorrido continúa coa visita ás casetas de pescadores, onde se dará unha visión das actividades que se desenvolvían nelas.
O hidrodinamismo e mineraloxía da zona queda reflexado na xeomorfoloxía e na
granulometría dos sedimentos que conforman a praia, moito mais escura e de maior tamaño de gran que as adxacentes.
O roteiro segue ata o porto de Quilmas, onde atracan as embarcacións de pesca artesanal polas súas características de dique de abrigo natural.
Por último, finaliza o percorrido a través dun sendeiro restaurado que transcorre entre as casas do lugar.

Grado de dificultade: Medio.

Tempo estimado: 75 minutos.

Limitacións e especificacións: O roteiro non está adaptado a persoas con mobilidade reducida.

Número máximo de persoas por grupo: 25

Xunta de Galicia - Conselleria do Mar

Confraría de Pescadores de O Pindo
O Pindo (Carnota) · A Coruña
© 2010 Pindo Mariño · info@pindomarino.org