Pesca de baixura
As embarcacións desta confraría adícanse todas á pesca de baixura, e as artes de pesca que utilizan son a nasa polbo, nasa nécora, betas, trasmallos, miños, xeito, entre outras. As especies que capturan con estas artes soen ser polbos, nécoras, camaróns, centolas, maragotas, pintos, ferroles, sarretas, sargos, congrios, raias, robalizas, chopos, sardiñas, e outros.



