Inventario do Patrimonio Marítimo Pesqueiro
A Confraría de Pescadores do Pindo participou na elaboración do inventario do Patrimonio Marítimo Pesqueiro elaborado pola Fundación Lonxanet para la Pesca Sostenible. O traballo recolle os recursos materiais e inmateriais asociados á cultura marítima no ámbito territorial das confrarías que compoñen a Asociación O Mar da Fin da Terra, que son, ademais da Confraría de Pescadores de O Pindo, as de Muros, Lira, Fisterra e Laxe.
Ademais, o traballo recolle propostas, suxerencias e perspectivas da
posta en valor do patrimonio inventariado.