VI Xornadas de Pesca
Como todos estes últimos anos, a Confraría do Pindo organiza no 2011 as súas Xornadas de Pesca, adicadas nestas a súa sexta edición ao amor polo mar.
As actividades englobadas nestas xornadas darán comezo coas actividades diarias para os máis pequenos dende o luns 20 de xuño ata o xoves 23 de xuño, con talleres e obradoiros para os cativos da casa.
Os días principais das xornadas deste ano serán o 24, 25 e 26 de xuño, nos que se realizarán no Pindo eventos moi variados: traballadoras do mar falarannos sobre as súas experiencias, haberá charlas sobre pesca sostible co experto Alfredo López Fernández do CEMMA e sobre traballar no mar con Mª Paz Gómez Vázquez (directora do ISM da Coruña), actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.
Podes descargar o programa das VI xornadas na seguinte ligazón:
Se estas interesado en asistir ás xornadas, inscribete antes do 15 de xuño na confraría a través do teléfono 981 76 48 15 ou enviando un email a confraria@wanadoo.es. Tes má información no programa das VI xornadas.
A inscripción é gratuita para os socios e non socios residentes en Carnota. Para os asistentes de fóra do concello as cotas son de 10€ por inscrición e 60€ a inscrición con aloxamento (venres e sábado).
Tarifas dos roteiros
| Individuais | |
| Adultos | 6 € |
| Nen@s | 5 € |
| Pensionistas, minusválidos | 5 € |
| Grupos (a partir de 15) | |
| Adultos | 5 €/persoa |
| Nen@s | 4 €/persoa |
| Pensionistas, minusválidos | 4 €/persoa |
| Escolares e confrarías | 3 €/persoa |
| Grupos mixtos | Según tarifa |
Esperámosche para aprender a amar o noso mar!



